Novas
O documental Xorima estréase en Nós Televisión
Xorima poderá verse este sábado 2 de decembro ás 21h na canle Nós Televisión, no dial 119 de R.
Nós Televisión é un medio de comunicación cun equipo humano formado por profesionais do ámbito audiovisual, xornalístico e da publicidade coa conciencia situada en Galicia. É un referente no audiovisual galego, co obxectivo de producir e difundir contido de calidade e de carácter divulgativo centrado sobre todo na cultura e na lingua galegas.
O documental Xorima, que poderá verse este sábado 2 de decembro ás 21h, é o reencontro dos integrantes do grupo de folk galego Xorima despois de 40 anos e o retrato da súa influencia na xénese do universo do folk galego actual. A reivindicación da cultura propia, os cambios sociais e culturais da Transición, a aventura e o desafío duns mozos que se abren ao mundo exterior, o sentimendo de agradecemento e amizade entre os protagonistas e mais o seu legado musical son os temas que vertebran esta homenaxe audiovisual dirixido por Sofía Naseiro.