Política de privacidade
e condicións de uso

Resumo

Esta web e a súa propiedade intelectual pertence a: Alba Sofía Naseiro Lamas.

Datos recompilados: Os xerados pola navegación na web.

Se queres poñerte en contacto connosco envíanos un correo electrónico a: proxectoxorima@gmail.com

Se decides seguir navegando pola nosa web considerarémoste un usuario da mesma, que liches e aceptaches o contido deste documento.

  1. Finalidade da web

    O Proxecto Xorima é un proxecto transmedia que xorde co gallo de homenaxear o grupo de música folk Xorima. Esta páxina web é a páxina de presentación do proxecto e máis o seu repositorio informativo, onde poderás atopar toda a información relativa ó grupo e ás distintas dimensións transmedia (libro, documental, redes sociais) que forman o proxecto.

  2. Ligazóns externas

    En ocasións pode que poñamos enlaces na nosa web. Porén, o Proxecto Xorima e a súa titular non exercen ningún tipo de control sobre esas outras páxinas web ou sobre o seu contido. De feito, esas páxinas web rexeranse polos seus propios termos e condicións. O Proxecto Xorima e a súa titular non teñen ningún tipo de vinculación ou asociación con esas terceiras páxinas web, nin asume ningún tipo de responsabilidade, nin garante a súa dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude ou veracidade.

  3. Propiedade intelectual e industrial

    O Proxecto Xorima e máis a súa titular son propietarios ou licenciatarios de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do seu sitio web, así como dos elementos contidos nela, excepto:

    Das tipografías, Barlow ©Jeremy Tribby e Yeseva One ©Jovanny Lemonad; ambas SIL Open Font License.

    Das imaxes, ©Xorima e ©Eduardo Vigo.

    Da música, ©Xorima.

    Polo tanto, está expresamente prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación de todo ou parte dos contidos deste sitio web, con fins comerciais, en calquera medio e por calquera medio técnico, sen a autorización da titular.

    En calquera caso, os contidos da web están suxeito a unha licencia Atribución-Non comercial-Sen obra derivada 3.0 Sen adaptar (CC BY-NC-ND 3.0)

  4. Protección de datos

    O Proxecto Xorima cumpre coas diretrices da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e so seus regramentos de aplicación.

    Neste sentido, garante o uso e o tratamento correctos dos datos persoais recollidos polo usuario. Estes datos só se procesan con fins de control estatístico, suministro do servicio solicitado e resposta ás consultas realizadas.

    O usuario pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (ARCO) aos seus datos persoais por correo postal por correo electrónico a proxectoxorima@gmail.com. Para iso debe indicar nome, apelidos, e achegar ademais unha copia do seu documento de identidade.

  5. Responsabilidade

    Na medida permitida pola lei, o Proxecto Xorima non será responsable de:

    1. erros ou omisións nos contidos
    2. falta de dispoñibilidade da web
    3. a transmisión de programas maliciosos nos contidos, a pesares de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
  6. Cookies

    Unha cookie é un arquivo de texto que se envía ao navegador web do teu dispositivo (ordenador portatil ou de sobremesa, móbil ou tablet, SmartTV…) e que se emprega para almacenar e recuperar información sobre a navegación realizada.

    Se queres saber que tipo de cookies empregamos e como desactivalas por favor visita a nosa política de cookies.

  7. Modificacións

    O Proxecto Xorima resérvase o dereito de facer calquera modificación que considere apropiada no seu sitio web sen previo aviso, podendo cambiar, borrar ou agregar tanto os contidos e servizos proporcionados a través del como a forma en que aparecen presentados.

    Non obstante ao anterior, estes termos e condicións poden cambiar en calquera momento. As modificacións entrarán en vigor desde o momento da súa publicación.

    Este documento foi revisado por última vez o día 23 de xullo de 2021.