Xorima, o documental

O documental Xorima é o reencontro dos integrantes do grupo de folk galego Xorima despois de 40 anos e o retrato da súa influencia na xénese do universo do folk galego actual. A reivindicación da cultura propia, os cambios sociais e culturais da Transición, a aventura e o desafío duns mozos que se abren ao mundo exterior, o sentimento de agradecemento e amizade entre os protagonistas desta historia e mais o legado musical que nos deixan son os temas que vertebran esta pequena homenaxe audiovisual.

O documental, dirixido por Sofía Naseiro, foi premiado como mellor curtametraxe na sección galega do IX Festival de Cine de Roca (Guitiriz) en 2022. A partir do 31 de agosto de 2024 o documental pódese ver en liña a través de YouTube:

Cargando...

A curtametraxe documental (30min) foi preestreada o día 23 de setembro de 2022 en Vilalba. Podes ver a continuación o vídeo da presentación do día 23.

Cargando...

Este sitio web utiliza cookies, podes ver a nosa pólitica de cookies aquí. Se continúas navegando estás aceptado o seu uso.