Proxecto Xorima

Xorima é un proxecto transmedia arredor da historia do grupo homónimo, que xorde do cariño e da homenaxe cara unha música que se converteu na banda sonora de xuventude e madurez de moitas persoas. Unha música que entrou como unha refolada de aire fresco, enmarcada nun movemento pioneiro que envolveu o espertar da identidade dun pobo como o noso despois de padecer a represión dunha época escura.

O proxecto Xorima ten como obxectivo poñer en valor ese movemento, esa identidade, esa música e sobre todo recoñecer ás persoas que a fixeron posible a través de todas as canles que estean ó noso dispor, axudando a colocar a Xorima no papel que merece na historia da cultura galega.

Equipo

Paulo Naseiro

Escritor

Sofía Naseiro

Cineasta, produtora, cámara

Laura Rodríguez

Produtora, cámara

Iván Hermo

Maquetador, programador

Laura León

Directora de fotografía, cámara

Irene Chao

Cámara

Diego Freijomil

Cámara

Pablo Baamonde

Cámara

Entidades colaboradoras

Este sitio web utiliza cookies, podes ver a nosa pólitica de cookies aquí. Se continúas navegando estás aceptado o seu uso.