Novas
A produción audiovisual do Proxecto Xorima xa está dispoñible en Youtube e a través das distintas redes sociais e inclúe a primeira actuación de Xorima despois de 40 anos.
A presentación do libro Conversas arredor de Xorima tivo lugar o pasado 19 de marzo en Vilalba, nun acto emotivo cheo de música e lembranzas dunha época intensa. Esta produción audiovisual, que agora se publica en liña, terá un papel destacado no documental que se estreará proximamente.
Publícase en liña Conversas arredor de Xorima
O libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, xa está dispoñible para o seu acceso en liña na nosa web
Conversas arredor de Xorima foi presentado o día 19 de marzo en Vilalba nun acto que contou coa actuación do grupo titular.
Podes acceder ao libro en versión dixital a través desta ligazón.